20 jun 2011

Os navegantes co seu esforzo, fan o Maio florido e fermoso

Os alumnos de 2º de E.S.O do I.E.S Canido coa axuda de Marzo ventoso, comenzaron en Abril chuvioso a traballar nos xardíns do centro, e así en Maio coseguiron un campo florido e fermoso.


10 feb 2011

XOGUETES DE VENTO

Somos animais bentónicos, que vivimos no bentos do vento, da atmosfera.
Somos animais que sabemos facer vento,
que sabemos falar co vento,
que sabemos voar no vento sen termos ás para voar,
que sabemos xogar co vento, co ar,
que xogamos ben co ar, a sabendas de co ar non se debe "xogar" mal.
Por iso facemos
xoguetes de vento,
enredos de ar.

20 ene 2011

Presentación

Dende o IES de Canido damos comezo a esta nova edición do blogue da Axenda 21 Escolar.
A nosa intención é a de reflectir as actividades desenvolvidas dentro e fora do centro en relación a este proxecto.
E que mellor forma de comezar que presentándovos as actividades que temos propostas (aínda que non sabemos cantas delas se levarán a cabo).
As actividades son as seguintes:

Aulas sustentábeis

Inventos sustentábeis

Ecoauditoría

Somos vento, somos palabra de vento

Escola de familias

Reciclado no barrio

Mellora do contorno escolar

O xogo popular, patrimonio inmaterial

Mantemento do blogue A21 Canido

Para que serve unha botella?